luns, 2 de maio de 2011

Atletismo: Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2011 (Teo)

O domingo 1 de maio tocaba dobrar carreira e así o fixeron varios noitebros na Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2011 (Teo). Aos que xa correrán o día anterior (Fran, Shaila, Nacho, Miguel e Pepe) sumáronse Manolo, Carlos e Fernando. Tamén andaba por alí Óscar co seu cativo, que competiría na proba para “pitufos”.
Foto grazas a marinela

Foto grazas a tarzan

Problemas técnicos cunha impresora provocaron o retraso do inicio das diferentes carreiras polo que Pepe non puido participar por ter que ir traballar. Tamén foi baixa Félix por reservarse para a cita de O Pino o próximo sábado, aínda que tamén andaba por alí a súa filla Raquel cos seus mini-pupilos participando e acadando éxitos.

Percorrido


Este ano a carreira tiña inicio e fin na Ramallosa, con percorrido cara a zona dos Verxeis e Cacheiras, polo que xa se supuña a dureza do mesmo, e máis aínda á hora a que se celebrou a carreira definitivamente (ás 12.30 h. en lugar das 11.40 h.), que engadiu un plus de sol e calor.

Perfil


Foto grazas a tarzan
 
Na chegada a meta esperábanos a animación a cargo de Iván, o “gran xefe” da Delegación de Atletismo de Santiago e o agasallo dunha camiseta laranxa (están de moda as nosas cores) grazas ao Concello de Teo.



Foto grazas a marinela

Fenomenal carreira de Carlos, que case logra quedar no top-10. E máis mérito aínda para Shaila que subiu ao podio como 3ª clasificada da xeral de mulleres despois de dobrar en Corrubedo a tarde anterior.



Foto grazas a tarzan


Foto grazas a marinela

En xeral, bo ambiente ao lado da casa, onde tivemos a oportunidade de lucir con orgullo o noso equipo diante dos veciños e/ou coñecidos, ademais de pasalo ben e con humor a pesar da sufrida carreira.




Foto grazas a marinela


Clasificación
Oficial aquí

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo