luns, 2 de maio de 2011

Atletismo: V Carreira Campo a Través do Corgo (Corrubedo)

A tarde do sábado a sección de atletismo do Noitebra participou na V Carreira Campo a Través do Corgo (Corrubedo).
Foto grazas a marcos
Foto grazas a marinela


Ata alí se achegaron Fran e Shaila, que correrían na modalidade de parellas, ademais de Pepe, Miguel, Nacho, Jaime e Julio. Serían baixas Manolo (precaución por causa dunha contractura) e Moncho (por traballo).



 


Foto grazas a marinela


Esta carreira ten a peculiaridade de ter variado o seu percorrido en todas as edicións. Percorrido que transcorre pola zona de Corrubedo, pasando por tramos de area, herba, barro, camiños de terra e monte, e apenas asfalto, e este año con importantes desniveis nas costas arriba e abaixo, ate tal punto que nunha das subidas era preciso empregar unha corda.






Perfil
Percorrido
 
Foto grazas a marinela
A tarde presentouse soleada e cunha temperatura agradable grazas á brisa que sopraba na zona.
Con puntualidade deuse a orde de saída e xa dende o principio a xente arrincou a grande ritmo. As zonas de duras subidas comezaban polo quilómetro 5, que ademais de incluír a subida coa corda, tiña unhas ramplas que obrigaban a ir camiñando en lugar de correr. Cara o final chegarían as baixadas de vertixe, para retornar ao punto de saída onde nos esperaba unha toalla de regalo e un variado avituallamento (boliños, empanada, froita, biscoito, auga, isotónicas, cervexa...).

Foto grazas a marinela


Carreira cualificada en xeral como divertida, pero dura (que paradoxo!) nunha contorna inigualable, onde destacou o papel de Pepe (moi preto dos postos con dereito a trofeo) e o bo traballo da nosa parella (Shaila-Fran), que finalizaron a un posto das premiacións. Destacar tamén a volta ás carreiras de Julio, aínda que sería o seu irmán o que lograría trofeo, igual que Miguel, ao entrar entre os 25 primeiros.

Boa carreira para repetir o vindeiro ano aínda que sexa noutro percorrido.


Clasificación

Os nosos

Foto grazas a marinela

Instagram

Patrocinadores

Arquivo