domingo, 24 de abril de 2011

Atletismo: XXXII Carreira Popular da Pascua, Padrón

Nova xornada atlética para o Noitebra na mañá do sábado en Padrón coa participación na XXXII Carreira Popular da Pascua.
 
Foto grazas a moses
 
Percorrido
 
Foron da partida J. Ramón, Fran, Shaila, Nacho, Carlos, Óscar e Miguel, que cada un cos seus obxectivos afrontaron da mellor forma posible os 13.300 metros do percorrido por terras padronesas.
 
   

Perfil
Foto grazas a moses
Nunha mañá con ceos nubrados, a choiva respectounos, se ben facía algo de bochorno pola humidade no ambiente e a hora de inicio da carreira absoluta (12 h.). Con puntualidade arrincamos da Praza de Macías e fomos collendo ritmo polas estradas camiño de Rois, para logo volver cara o lugar de saída salvando unhas cantas subidas que ao final se fixeron notar nas pernas. 
 
Foto grazas a moses
 
O mellor, coma sempre nesta carreira, a recepción da xente na praza ao chegar e o avituallamento a base de pasteliños e chocolate quente para tod@s.
 
 
 
 
 
Foto grazas a moses

En xeral boa carreira, xa habitual no noso calendario particular, e bo papel dos nosos, que están que non paran e xa pensan nas vindeiras carreiras.

 
 
 
 
Foto grazas a moses

Clasificación
Oficial aquí

Os nosos
 
 
Foto grazas a moses
  

Instagram

Patrocinadores

Arquivo