domingo, 15 de maio de 2011

Atletismo: Media Maratón A Coruña 21. Campionato Galego

Nova Media Maratón (21.097 metros) para os atletas do Noitebra. Nesta ocasión nada máis e nada menos que o Campionato Galego celebrado a mañá do domingo na Coruña. Participaron Fernando, Manolo, Nacho e Miguel, sendo baixas por motivos varios Félix, Marcos e Dani.
Foto grazas a tarzán
Percorrido



Moita xente coñecida e disposta a dalo todo nun percorrido de 3 voltas pola zona dos Cantóns cun perfil practicamente chan.






Perfil

Boa temperatura, sol non abrasador en exceso, pero unha brisa racheada que por momentos non se sabía por onde entraba, e que, sen dúbida, dificultaba a aventura de marcar ritmos en solitario.

Foto grazas a Vicky
  
En carreira, como case sempre neste tipo de perfil, saída a todo trapo a pesar da distancia que logo moitos pagarían na última volta. Boa táctica era manter un ritmo axeitado constante, e logo dalo todo na última volta/media volta dependendo das forzas.





Foto grazas a Vicky

Os nosos non defraudaron: Manolo, arrastro polos problemas musculares, pero rematando dignamente. Nacho, de carallada, marca persoal na distancia. Fernando, a tope e nova marca persoal (“tiembla” Félix). E Miguel, tamén marca persoal (sete días despois da tortura da media da Ferreirúa).



En definitiva, todos moi contentos e amornando xa as pernas para a cita de Riveira no día das Letras Galegas.

Clasificación
Oficial aquí

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo