mércores, 11 de maio de 2011

Atletismo: VIII Carreira Pedestre Concello de O Pino

O pasado sábado tivo lugar a grande cita do Noitebra na VIII Carreira Pedestre Concello de O Pino. Cita especial capitaneada por Félix e secundada por Marcos S., J. Ramón, Fran, Shaila, Carlos, Óscar, Manolo e Moncho, para a carreira absoluta, e Moisés na proba escolar de cadetes. Foi baixa Pepe polo falecemento dun familiar (D.E.P.), o que a posteriori sería clave no resultado final na clasificación por equipos.
 
Foto grazas a Raquel
Percorridos

 
A carreira tiña a novidade, xa pensada tempo atrás polos seus fenomenais organizadores, do cambio no circuíto da carreira, que pasaba a ser de 8.100 metros, con algo máis de subida, pero con máis pasadas por meta, o que a priori facía a carreira máis vistosa, como finalmente resultou.
 
 
 
 
 
 
 
Ás 19.10 arrincaba a carreira cadete-xuvenil, con 3.183 metros, onde Moisés remataría no segundo posto da súa categoría, cun tempo de 15 minutos e 21 segundos, e un promedio de 4:48 o km. Estamos pendentes de se lle corresponde trofeo.
 
 
Foto grazas a raquel
 
 
 Ás 19.30 tiña lugar a carreira absoluta, e o clima parece que non se portou mal de todo. Carreira de grande nivel, como todos os anos, e a pesar da baixa de Lolo Penas por lesión. 
 
 
 
Foto grazas a Raquel
 
Postos de cabeza moi caros pois, pero os nosos deron o callo, con gran carreira de todos en xeral, destacando en especial a grandísima progresión de Fran e o enésimo podio de Shaila, terceira na súa categoría, vendo ademais a unha rival directa a pouco da meta. 
 
 
 
 
Foto grazas a Raquel
 
Foto grazas a Raquel
 
Por diante, como nos teñen acostumados, Carlos e Óscar, sempre a tope. Ao final 4º por equipos, a tan só 2 puntos do podio, dando guerra.
 

 
 
 
Foto grazas a Raquel
 
 
 
Sen dúbida sensacional carreira e mellor organizada. Cita ineludible para o noso humilde equipo.



Clasificacións
Oficial aquí

Os nosos:
 
Máis fotos cando se publiquen

Instagram

Patrocinadores

Arquivo