luns, 20 de xuño de 2011

Atletismo: I Carreira Popular Concello de Carballo

Nova xornada atlética para o Noitebra na I Carreira Popular de Carballo celebrada o pasado domingo ás 12 h. Coa resaca aínda da competición en Esgos e Cambados, Pepe, J. Ramón e Miguel quixeron ser testemuñas da primeira edición desta proba que non se debe confundir coa da Costa da Morte, que tivo unha edición nesta vila. Non estivemos sos na viaxe, sendo acompañados por Fleky (Atl. Milladoiro), un colega deste e Ricardo (Atl. Ría de Ferrol).

Foto grazas a Xandra
 
Percorrido aquí

O día (algo nubrado antes da hora da saída) parecía propicio para a carreira. Se a isto sumamos que o perfil non era de todo complicado para facer boa marca nos 10 km. homologados, parecía propicio programar estratexia para tratar de baixar dos 40 minutos.

Perfil







No quecemento coincidimos con moita xente da zona de Santiago, e para ser a primeira edición xa se podía apreciar moito ambiente (finalizarán 390 persoas a proba, e algúns cantos máis inscritos fóra de prazo pero que non entrarían nas clasificacións finais).
Con puntualidade tivo lugar a saída para facer dúas voltas a un percorrido que tiña apenas unhas ramplas que complicaban o asunto e xa só por iso a facían máis dura que Cambados ou Porriño, pero non tan dura como Ourense, por exemplo.
O noso trío fixo pois estratexia de equipo co citado obxectivo, e pronto a calor comezou a pasar factura (un pouco por riba dos 20 grados), en especial cando fixo acto de presenza o sol ao pouco de saír. Pasamos os 5 km en condicións de manter a nosa media (20:07), controlando ben o esforzo, pero esas pequenas subidas, o efecto do calor, e o desfase en metros coa homologación (en GPS ata 380 metros máis, o que en metros reais podería andar cerca dos 200 metros. Por exemplo, en Cambados, por GPS rexistráronse os 10 km case xustos), frustraron a nosa tentativa de marca para Pepe e J. Ramón, que no obstante fixeron unha sensacional carreira despois do esforzo da semana anterior.

Ao final, isotónica e camiseta, servizo de fisio... e sobre todo comentarios postcarreira con moitos coñecidos, tendo como tema principal o da distancia da carreira (a case todo o mundo que foi ao 100% lle saía 1 minuto máis do que tiña previsto).

En definitiva, outra carreira onde pasamos un bo momento entre amigos e coñecidos, e non moi lonxe da casa.

Clasificacións
Non vos perdades o pedazo chip de Magma Sports, cronometradora da carreira.


Os nosos

Patrocinadores

Arquivo