martes, 14 de xuño de 2011

Atletismo: III Carreira Popular de Cambados



Tamén en domingo, o Noitebra participou na III Carreira Popular de Cambados. Ata alá se desprazaron José Ramón, Fran, Shaila, Purificación e Fernando, para facer os 10 km dos que constaba a proba.
 
Foto grazas a Xandra
O percorrido, 3 voltas polo centro do pobo, cun perfil case chan.
En canto á participación, éxito total, con máis de 430 persoas que finalizaron a proba. De entre elas destacar a presenza de Gómez Noya, Pedro Nimo, entre outros deportistas importantes da nosa comunidade. 

O clima tamén foi propicio para a competición, facendo acto de presenza o sol na última volta, coincidindo co momento de maior cansanzo entre os corredores/as.

Dos nosos, destacar a gran carreira de Fran, que logrou un dos seus obxectivos: baixar de 40 minutos nos 10 km; Ás portas desa marca quedou José Ramón, que no obstante amén fixo unha carreira fenomenal. E que dicir de Fernando, que coa marca lograda xa gañou unhas ben merecidas vacacións. Non nos esquecemos das nosas rapazas, Shaila e Puri, que deixaron o se defenderon moi ben na distancia, nun día no que tiñan grandes rivais (Paula Mayobre, Yolanda Gutiérrez, Isabel Sáez, Esther Pedrosa...).

Fotos grazas a Xandra e Nirvioso





















Boi carreira pois para ter en conta á hora de facer marca nesta distancia.

Clasificacións
Oficial aquí

Os nosos:

Máis fotos da carreira no foro de Correr en Galicia


Instagram

Patrocinadores

Arquivo