martes, 14 de xuño de 2011

Atletismo: V Subida Rocas-Eirado, Esgos. Campionato Galego de Montaña

O pasado domingo ás 10.30 horas tiña lugar en Esgos (Ourense) a V Subida Rocas-Eirado, que tamén servía para a disputa do Campionato Galego de Montaña (Federación Galega de Atletismo). En representación do noso equipo na proba federada foron Julio, Pepe, Manolo, Nacho e Miguel.

 
O percorrido e perfil era xa máis que coñecido doutros anos: subidas e máis subidas polo monte e montaña ao longo de 13 km, que incluso con ritmos cómodos pode chegar a resultar extremadamente dura nos últimos quilómetros coas subidas aos cortalumes.
   
O clima foi propicio para a competición, sen facer unha calor abafante, pero con algo de bochorno namentres non se acadaba altitude (subíase dende uns 500 metros ate uns 1.200).
 
Foto grazas a J. Carlos
Con puntualidade fíxose a saída, polas costas de Esgos, e pronto o percorrido comezaba a pasar factura co paso por San Pedro de Rocas, onde atopamos accidentado a Jorge Crespo, a un dos favoritos, cunha escordadura de nocello, esperando polas asistencias médicas.

 


Segundo pasaban os quilómetros as pernas (e as cachas) comezábanse a facerse máis e máis pesadas, ata chegar á tortura dos últimos 2 km, cos xa citados cortalumes, onde un servidor tivo unha boa páxara que lle botou abaixo facer marca persoal. No obstante case todos/as as pasaron canutas en xeral neste último tramo. Pero a recompensa valía a pena, co recibimento na cima (incluído o Presidente da Federación) e, sobre todo o avituallamento,que viña de pingas para recuperarse tras o tremendo esforzo feito por todos e todas.

Foto grazas a J. Carlos
Carreirón de Pepe e Nacho. O primeiro, no papel, campión galego na súa categoría. E Nacho baixando por moito a súa marca persoal. A destacar tamén o esforzo de Manolo, a pesar de non estar ao 100% polas molestias arrastradas ultimamente, e Julio, que está a ter un aho complicado.






Foto grazas a J. Carlos
Ao final, baixada ata a saída en coche coa muller de Manolo, incondicional animadora dos noitebros, ducha ultrafría, boa comida (non tanta coma outros anos, por moito que digan), entrega de trofeos da carreira popular e medallas do campionato (pouco esforzo neste senso dende a federación, con tan só medallas aos tres primeiros homes e mulleres federados absolutos) e sorteo de premios onde coma sempre non nos tocou nada (nin o desconto para o seguro do coche este ano).


O ano que vén, fixo que volvemos con novos retos.

Clasificacións

Os nosos:


Instagram

Patrocinadores

Arquivo