domingo, 5 de xuño de 2011

Atletismo. Subida ao Pagasarri

O pasado 21 de maio Jonal fixo o seu particular “Campionato de Esgos”na Subida ao Monte Pagasarri, Bilbao (Bizkaia), disputado ás 17 h.

A distancia, nada máis e nada menos que 14.500 m. de perfil moi duro, como ben se podía esperar.


 
Carreira moi familiar da que tedes máis información no seguinte blog.

O noso atleta finalizou no posto 16, dun total de 29 participantes, realizando un tempo de 1:19:48 e un promedio de 5’30´´/km, o cal reafirma a dureza da carreira.

Próximas citas para os nosos atletas
Domingo 12 de xuño: Campionato Galego de Montaña, Esgos (Ourense), 10.30 h. Distancia: 13 km.
Domingo 12 de xuño: III Carreira Popular de Cambados, 11 h. Distancia: 10 km.

Instagram

Patrocinadores

Colaboradores

Arquivo