luns, 27 de xuño de 2011

Atletismo: XVI Carreira Popular Concello de Ordes

Os atletas do Noitebra participaron un ano máis na Carreira Popular Concello de Ordes, que xa vai pola súa XVI edición. Nacho, Puri, Fran, J. Ramón, Óscar, Miguel e o debutante José Manuel serían os nosos representantes en Ordes, sendo baixa por motivos laborais, Pepe.

Foto grazas a Shaila
 
Percorrido
 Igual que o ano pasado, foi una mañá de domingo con moitísimo calor, polo que cando comezou a carreira absoluta (sobre as 11:20 h.) había uns 30 grados de temperatura, que unido ao duro perfil do percorrido faría suar a saco aos  máis de 250 participantes que lograron finalizar a competición.


Perfil
A carreira dos nosos tiña como alicerce o feito de competir por equipos, aínda que xa intuíamos que os rivais ían ser moi complicados. No obstante fíxose un digno papel (por confirmar, pero cremos que fixemos o 4º posto) competindo cara a cara contra equipos como o Atl. Sar A Poutada (Pontecesures), aínda que ben é certo que non tiña para a ocasión aos seus atletas de primeira liña en Galicia. Gañaría esta  modalidade o Coruña Comarca e segundo sería o Atl. Milladoiro.

Foto grazas a Fran
Na carreira individual, e condicionados pola de equipo, a premisa era dalo todo, tendo en conta as dificultades xa comentadas do calor e o percorrido. Fenomenal papel de Óscar, primeiro en chegar dos nosos, que a pesar de non ir ben con calor tivo moi boa actuación. Pero quen tería un éxito certificado con trofeo sería Puri, coa terceira premiación na súa categoría. Felicitacións para ela!!!. En nada xa ten tantos trofeos como o seu irmán Pepe.


 
Foto grazas a Shaila
Foto grazas a tarzan
Foto grazas a tarzan
Foto grazas a Shaila
 


Na chegada seguía o calor case insoportable se non fose pola fonte que alí había, ás árbores da praza do Concello e a auga do avituallamento. Aínda así víanse moitas caras de sufrimento case extremo, con algún que outro caso de desfalecemento que afortunadamente non foi a máis.

En definitiva, e un ano máis, durísima carreira polo efecto do calor que puxo a proba a todos os participantes nun día que parecía máis propicio para estar na praia que dando brasa no asfalto.

Clasificacións
Oficial

Os nosos


Oficiosa dun total de 9 equipos
  

Instagram

Patrocinadores

Arquivo