luns, 11 de xullo de 2011

Atletismo: III Carreira Popular Tordoia "in essence"

Un ano máis nos achegamos a Tordoia para participar na súa peculiar carreira popular (3ª edición). Estiveron alí o sábado Pepe, Puri, J. Ramón, Miguel, J. Manuel e Julio (este último de espectador), e tamén Raúl, futura incorporación ao equipo. Tamén estiveron Fernando e familia como espectadores. Foron baixas por “recomendación” médica Fran e Shaila.
Foto noctura de Puri no podio-cruceiro

Percorrido
Perfil
 A carreira, de 6,8 km de perfil variado por asfalto e camiños, tivo a súa saída ás 21.10 h., hora pouco habitual, pero que lle dou encanto á competición, e especialmente coa entrega de premios na penumbra da noite.
 Atopamos moita más xente da esperada para ser unha noite de verán, e ademais de bo nivel, o que facía bastante caros os postos de honor en calquera das categorías. Aínda así podemos falar de que foi unha xornada triunfal para o Noitebra Atletismo, con dobrete dos irmáns Bermúez. Primeiro posto para Puri na súa categoría e terceira posición para Pepe na súa. Tamén tivemos (a falta de confirmación oficial) un triplo cuarto posto por categorías obtido por J. Ramón, Miguel e Raúl (se o incluímos xa a este último como un dos nosos). Boa carreira tamén de J. Manuel, que ten moi boa pegada neste tipo de carreiras, quedando cerca de Raúl e Miguel (que entraron mínimo entre os 15 primeiros) A. carreira que sería gañada polo incombustible Manute, do Atl. Coruña Comarca.
Pepe, triunfante no podio-cruceiro
E ao final, ademais dos ansiados trofeos (ben bonitos) para os nosos, comida abondo para todos, converténdose o lugar nunha grande festa compartida cos veciños do lugar. Grazas a todos eles, e, por suposto, a toda a organización pola fenomenal carreira e trato, que ademais da tradición do gaiteiro recibíndonos na chegada a meta, este ano tivo a graza (ou non) de que nos esperaba, con gadaña incluída, a morte a falta dun km escaso á chegada.

Fotos grazas a oreo66 



Clasificación
Oficial aquí

Os nosos


Máis fotos da carreira no foro de Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo