sábado, 13 de agosto de 2011

Atletismo: Carreira Popular Festa do Monte 2011

O venres tivemos representación do Noitebra na Carreira Popular Festa do Monte 2011, en A Garda. Por alá andaban Fran e Shaila que aproveitaron para calzar as zapas e competir.

Foto grazas a Jardess

Foto grazas a tarzan
Segundo nos informaron os nosos protagonistas, a carreira era duns 3,7 km de distancia real (3,8 km oficiais) sobre un percorrido moi rápido, con saída e chegada en baixada, e unhas cantas ramplas suaves polo medio. A participación, para ser nun día de semana, foi moi elevada, con máis de 260 corredores que remataron a proba absoluta. Entre eles houbo representación de moitos equipos de Galicia (New Balance, Celta, Comesaña, Gimnástica, etc.). 

A carreira dos nosos foi de fábula a pesar de que no quecemento tanto Fran como Shaila non tiñan moi boas sensacións, especialmente esta última que leva xa un tempo carrexando molestias nunha perna. O caso é que ao final, e con todo, conseguiron uns promedios xeniais (Fran 3:43/km e Shaila 4:19/km). Dende logo que deixaron, como sempre, en bo lugar ao noso club, pero o mellor e saber que remataron con moi boas sensacións cara vindeiras competicións.
En definitiva, boa carreira e ben organizada, salvo polo retraso na saída, en opinión dos nosos atletas, e ideal se se coincide de vacacións pola zona.

Clasificación
Oficial aquí

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo