martes, 6 de setembro de 2011

Atletismo: VII Cross de Broña, Outes


A mañá do sábado tivemos representación do Noitebra no VII Cross de Broña, en Outes.

Foto grazas a vane


Percorrido
Por alí estiveron J. Ramón e Víctor para participar nesta carreira que transcorre por diversos terreos ao longo dos seus 7 km de distancia, como poden ser camiños, monte, paseos de pedra, etc. O perfil, algo incómodo polas subidas e baixadas, pero a panorámica da zona fixeron a carreira moi atractiva aos participantes.



Foto de Víctor grazas a vane

 
Os nosos renderon a bo nivel, chegando ambos entre os 20 primeiros. A destacar o segundo posto logrado por J. Ramón na súa categoría: felicidades!!!.








En definitiva bonita carreira con moi boas valoracións dos que por alí estiveron.


Clasificacións
Oficial aquí

Os nosos


Instagram

Patrocinadores

Arquivo