luns, 17 de outubro de 2011

Atletismo: I Carreira da Auga, Sada

Nova xornada atlética para o Noitebra. Nesta ocasión sería na I Carreira da Auga (UNICEF) de Sada.
Foto grazas á muller de Marcos L.
Representarían ao noso club Marcos L., Manolo, Nacho, Fernando e Miguel Pirri. Ademais tamén estaría gastando zocas Pablo, xenro de Manolo. Previamente á carreira absoluta (con hora de saída ás 12 h.), xa os pequechos de Marcos estarían participando nas carreiras escolares.
 
Percorrido
O percorrido da carreira dos “maiores”, de 10 km., tería algo de trampa, como ben confirmaron os organizadores no foro de Correr en Galicia, habendo algunha costa arriba máis das previstas, facéndose o perfil algo duro a pesar de rematar en baixada e cun quilómetro final chan e case interminable polo paseo marítimo ata a meta.

Perfil
 
Foto grazas a Marcos L.

Bos resultados nos nosos, con Marcos e Nacho facendo marcas persoais na distancia.
Pero o mellor foi que o recadado nesta carreira tiña unha boa causa (UNICEF) e a xente non fallou con máis de 700 persoas entre os escolares, maiores e participantes na andaina.
   

 
Felicitamos ao Club Atletismo Sada polo esforzo feito na organización de carreira e pola autocrítica que demostra as gañas de mellorar en vindeiras edicións.

Clasificación:
Os nosos
 

Patrocinadores

Arquivo