martes, 18 de outubro de 2011

Fútbol: Noitebra 2 - San Pedro 2

O Noitebra empata a 2 ante o San Pedro despois de culminar a remontada na segunda metade cos goles de Pedro.

Xa temos a crónica do Mister:

Tarde-noite soleada, pero fresca. Sexta xornada de liga na que nos enfrontabamos a un San Pedro en progresión.

Con Cela na portaría, formamos unha primeira liña de tres centrais con Agustín, Martín e Miguel, actuando Álex e Rubén como carrís, Taboada gardando as costas e un medio de creación con Pedro, Iago e Manuel; en punta Simón

Iniciamos o partido ben asentados e dando mostra de que podiamos facer algo. Boas combinacións no medio campo, pero que se diluían preto da portaría rival. Na liña defensiva, algún desaxuste na marca e na saída de atrás, fíxonos dubidar e concedemos algunha ocasión, unha das cales rematou en gol. O equipo non se veu abaixo e intentou sen éxito marcar un gol.

A segunda parte comezámola espesos e como consecuencia encaixamos un segundo gol. Tiramos de casta e arriscando conseguimos facer un gol a balón parado tras unha falta botada por Manuel e rematada de cabeza maxistralmente por Pedro. Cos cambios realizados que deron frescura ao equipo, e tras unha incursión por banda que rematou en penalti sobre Agustín, Pedro transformaría o empate merecido.

Boas sensacións principalmente nun medio campo que nos pode dar alegrías e bo xogo.


Lamentar a lesión de Rubén. Estamos á espera de saber o alcance da mesma.


O próximo partido será o domingo 23 de outubro, ás 12.45 h. do mediodía contra o Urban nas Cancelas.

 
Máis información no espazo de fútbol do Noitebra.

Patrocinadores

Arquivo