O Noitebra Atletismo triúnfa no forno de Lestrove na tarde do día do Pilar. Día para lembrar, en sentido negativo e positivo na XIII Carreira Popular Lestrove 2011, nun día de tremendo calor no que foron da partida Marcos L., Puri, Miguel Pirri, Fran, Manolo, Rubén, José Manuel, Manel, Carlos, Miguel T., J. Ramón, Víctor e Jeanette. Sahila e varios familiares dos nosos estarían dándonos ánimos dende o público.
| Foto de Shaila (fáltanos Marcos L.) |
![]() |
| Percorrido |
Non esaxeramos co de forno, xa que no momento da saída, sobre as 18.30 h. (carreira absoluta), había uns 30 grados de temperatura. E menos mal que o percorrido era case que chan na súa totalidade, nun circuíto de dúas voltas para completar un total de 10 km.
| Perfil |
Enorme participación de atletas populares e federados en todas as súas categorías nunha carreira gratuíta que ano a ano se supera grazas ao tremendo esforzo dos organizadores, voluntarios e o bo facer da Delegación de Atletismo de Santiago.
| Manolo e Puri co trofeo desta |
| Foto de Shaila |
En canto aos nosos resultados, inmellorables, con Puri de 1ª na súa categoría e o noso club 3º por equipos. Como dicimos, carreira de supervivencia na terra e asfalto de Lestrove, pero grande satisfacción polo conseguido.
Grazas e felicidades a todos/as os que participastes!!!
Os nosos







