Este domingo o Noitebra participou no Campionato Galego de 10 km. e IV Carreira Popular A Coruña 10, celebrado na cidade herculina.
Alí estiveron Marcos S., Marcos G., Jaime, Jose, Julio, Moncho, Abel e Óscar. De espectadores e animadores Félix e Miguel.
![]() |
| Foto FGA |
![]() |
| Foto FGA |
Nos nosos, papel destacado para Óscar, Jose, Abel... sen esquecer a melloría de Marcos S. nesta carreira e tamén a posta a punto de Jaime para a pedestre, ou a recuperación pouco a pouco de Julio. Felicitacións en xeral para todos que nos representaron moi ben nunha carreira na que se fixo estraño non ver correr a Félix, Nacho, Fernando, Manolo... habituais nestes últimos anos, pero que por motivos varios non foron da partida. É ilusionante ver que, a pesar das ausencias, o equipo xa ten plantel amplo para desdobrarse. Grazas a todos por formar parte do noso club!!!En canto á organización, pois a pesar de ser un campionato, defectos a pulir: caída na saída solucionable con queixóns de saída, avituallamento da careira mal situado, avituallamento final escaso, etc. No obstante hai que agradecer o esforzo realizado por todos os voluntarios, árbitros, etc., nunha carreira con tantos atletas.
Clasificación:
Oficial absoluta
Campionato Galego 10 km.
Os nosos







