E na quinta xoranda chegou a primeira victoria do Noitebra. Sería por 1-2 ante o equipo de A Inmaculada.
A continuación a crónica do mister:
Quinto partido e como non hai quinto malo, gañamos o noso primeiro encontro da tempada. Con Cela en porta, cunha liña de tres: Agustín, Enrique e Martín, con Pedro por diante, Rubén e Nahuel exercendo de volantes, Taboada e Manuel tentando crear xogo, e dúas puntas para Simón e Alberto.
Saímos ben, e durante o primeiros dez minutos non houbo apenas problemas, pero o ímpeto do rival e as entradas ao límite fixéronnos recuar e non nos deixaron ter o balón, o cal o perdiamos con facilidade. Encaixamos o gol nunha falta ao borde da área que o noso porteiro incomprensiblemente deixou entrar. Non calculou ben onde estaba a portería e o balón pegou suavemente no pau e entrou.
Ao fío do descanso tivemos un par de ocasións (de Simón e Alberto) que nos deron confianza para saír na segunda parte moito máis enchufados e con máis gañas. Un golazo de Alberto en xogada persoal deunos aínda máis moral. E o partido converteuse nun correrúas no que a sorte e o bo facer da nosa liña defensiva evitaron un segundo gol en contra. Á saída dun córner, e tras varios rexeites, Agustín atopou un balón solto que o converteu na nosa primeira vitoria. Logo a sufrir.
A vindeira xornada será de descanso, e non se xogará ata o fin de semana do 15-16 de outubro contra o San Pedro.
Próximos adestramentos, o mércores 5 de outubro ás 21.30 h. en Villestro e o venres 7 de outubro ás 21 h. nos exteriores do estadio de San Lázaro.
Mías información na friquiweb de fútbol do Noitebra.





