martes, 4 de outubro de 2011

Atletismo: XXIX Carreira Pedestre da Amaia, Brión

Deixámosvos a crónica de Jaime sobre a carreira de Brión, onde ademais de el, estiveron representando ao Noitebra, Óscar, Carlos, Miguel T., J. Ramón, Jose e Moisés (espero non esquecerme de ninguén).
 
Mañá veraniega para empezar o mes de outubro correndo a XXIX CARREIRA PEDESTRE DA AMAIA 2011, por terras de Altamira, Concello de Brión, ao pé da Carballeira de Santa Minia, dende onde se deu a saída a esta carreira clásica da comarca compostelá.

Foto grazas a moses
Percorrido garzas a Flipy
 
Houbo unhas cantas modificacións con respecto a anteriores edicións, entre elas unha saída en costa, ou máis que costa "costón" de algo máis de 1 km, que xa puxo a cada un no seu sitio ;) . 
Perfil grazas a Flipy

Foto grazas a moses
Posteriormente uns 4 km de baixadas a tumba aberta, con algún que outro tobogán, para posteriormente encarar unha parte final de recta picando sempre cara arriba, cun desnivel constante, pero non demasiado elevado, para por último virar e achegarse novamente ao lugar de partida, nas inmediacións do Concello de Brión, baixo os carballos centenarios que foron vendo chegar aos corredores desta carreira dura e explosiva que sempre deixa bo sabor de boca. 
 
Foto grazas a moses


Bo ambiente e excelentes condicións climatolóxicas para esta mañá de domingo, correndo esta carreira que xa é un clásico da contorna compostelá, preludio a entre outras a Carreira Pedestre de finais de outubro. 


  

 
Foto grazas a moses


Un saúdo aos noitebros, tanto aos xa coñecidos como aos novos, algúns dos cales coñecín este domingo ao longo da carreira. E parabéns tamén aos maratonianos de Ourense!!



Foto grazas moses
Foto grazas a moses










Clasificacións

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo