O domingo 27 de novembro tivemos a Manolo no 31 Maratón de Valencia.
![]() |
| Fonte: lasprovincias.es |
![]() |
| Percorrido |
Proba espectacular onde as haxa, con máis de 7000 participantes que completaron os 42.195 metros ao longo dun perfil moi rápido e á altura do mar.
![]() |
| Perfil |
Ao memso tempo tamén se celebrou unha proba de 10 km, con máis de 5000 participantes.
Ata alá foi Manolo para superar novamente o reto dos 42,195 km, como xa fixera en Ourense, despois de prepararse a conciencia xa dende o verán. Pero as súas ilusións rematarón no kilómetro 36 logo de subírselle por completo os xemelgos, obligándoo a abandoar a proba. Segundo nos comentou, éralle imposible continuar, xa que non daba nin camiñado. Unha mágoa, pero isto é a Maratón, tan pronto vas pletórico como nun intre remata todo.
Iso si, lonxe de virse abaixo, Manolo, como bo noitebro, xa pensa en desquitarse na Maratón da Coruña o 15 de abril. Alí nos veremos.







