O pasado domingo o Noitebra tamén participou cun bo número de atletas na VII Carreira Popular de Vedra.
| Foto grazas a nirvioso |
![]() |
| Percorrido grazas a flipy |
Non enumeramos a todos os nosos, porque foron máis de 10 os que se achegaron a San Fíns para probar o novo percorrido que tiñan preparado para esta nova edición os organizadores (Club Olímpico de Vedra). Ao parecer as variacións engadidas fixeron a carreira moito máis vistosa e entretida para os atletas, ademais de suavizar algo o perfil con respecto a anos anteriores, completando unha distancia que finalmente quedaría en 7,2 km aproximadamente.
![]() |
| Perfil grazas a flipy |
| Foto grazas a nirvioso |
Récord de participación en todas as categorías, nun día fresquiño (típico da zona) no que apetecía ir rapidiño, e máis aínda se temos en conta a curta distancia da carreira.
Como era de esperar, saída a lume no grupo dianteiro e logo riada de xente detrás, cadaquén aos eu ritmo. Os nosos déronlle colorido á carreira absoluta, e tan só lamentar, por motivos varios non graves, a non finalización da mesma de Óscar e Manel.
Como era de esperar, saída a lume no grupo dianteiro e logo riada de xente detrás, cadaquén aos eu ritmo. Os nosos déronlle colorido á carreira absoluta, e tan só lamentar, por motivos varios non graves, a non finalización da mesma de Óscar e Manel.
![]() |
| Foto de Nacho R. grazas a Marcos L. |
Na carreira cadete-xuvenil estivemos representados con Nacho R. (afillado de Marcos L.), que fixo unha moi boa posición na súa categoría, na que tiñan que completar 3 km de distancia.
E nos máis pequechos (prebenxamíns) estaban inscritos como noitebros Nicolás (fillo de Marcos L.) e Hugo (sobriño de Manel), que completaron un total de 200 metros.
![]() |
| Foto grazas a Marcos L. |
Os participantes fixeron grandes valoracións desta carreira, que sendo gratuíta aínda fai apreciar máis o esforzo da organizacións. Felicitacións!!!
Outro ano, se non cadra con outras citas de interese, trataremos de participar en maior número.
| Foto de Rubén grazas a nirvioso |
Clasificacións:
Os nosos









