O domingo pasado celebrouse a 10ª edición da Carreira Popular Lugo Monumental. Nela tivemos a Víctor, deixando a boa altura as cores do Noitebra, e non só porque correu polo alto da muralla, senón pola marca lograda, nun día húmido e frío na capital lucense, aínda que seguramente algo mellor que nos últimos anos, nos que houbera temperaturas baixo cero incluso durante a carreira.
![]() |
| Foto grazas a tito |
Este ano o percorrido tradicional tivo diversas modificacións que trataron de facer o circuíto algo más monumental, se cabe, levando a carreira por rúas internas á muralla. Este feito foi moi valorado polos participantes, que un ano máis, e a pesar das múltiples competicións celebradas no mesmo día, foron moi numerosos, chegando aos máis de 1200 que finalizaron a proba, ademais doutros que competiron sen dorsal.
| Foto garzas a pepeangel |
A distancia oficial foi marcada en 9.730 metros. Mágoa non optar por redondeala nos 10 km
Como anticipamos, o nosos compañeiro Víctor fixo unha boa carreira, rematando no posto 113 (41 da categoría), realizando un tempo de 37:22 (real 37:13), cun promedio de 3:51/km.
Como anticipamos, o nosos compañeiro Víctor fixo unha boa carreira, rematando no posto 113 (41 da categoría), realizando un tempo de 37:22 (real 37:13), cun promedio de 3:51/km.
O gañador absoluto sería Carlos Villamor. Nas mulleres vencía Estefanía Domínguez.
Foi, en definitiva, unha carreira de gran beleza e que deixa bo sabor de boca, a pesar do clima do mes de decembro, nunha cidade xa fría habitualmente. Así mesmo, dende a organización sempre tratan de sorprender aos atletas variando os agasallos finais. Este ano regalaban un par de calcetíns (outros anos mochila, zapatilleiro, etc.), sumados xa ao habitual avituallamento na meta.

Esperamos poder participar noutras edicións, xa que non todos os días se pode competir nun lugar tan particular
En breve máis crónicas da fin de semana atlética do Noitebra F.C.
Clasificación oficial aquí
Máis fotos no foro de Correr en Galicia