martes, 20 de decembro de 2011

Atletismo: XXVI Media Maratón Volta á Ría. Memorial Adolfo Ros. Narón

Nova media maratón para os integrantes do Noitebra no que vai de ano. Nesta ocasión sería a Media Maratón Volta á Ría, XXVI Memorial Adolfo Ros, que nesta edición tería a súa saída e chegada en Narón.
Fonte: El Correo Gallego
Mañá que prometía ideal para a práctica do atletismo e que se complicou ao empezar a chover auga ben fría a iso dos tres cuartos de hora de carreira.

 
Percorrido
O percorrido, o cal xa fora anticipado no Twitter do club días atrás, tiña unha saída rápida, con subidas cara a zona da Avenida de Castela, e grandes rectas máis ou menos chans. Logo virían as subidas encadeadas dende o km 10-11 ata chegar a Fene, onde xa iamos caladiños de frío pola molladura. Baixada cara a Ponte das Pías, que como era de esperar se fixo eterna (e iso que non facía vento), e fin de carreira cuns metros de subida que facían estragos.
Perfil
Foto grazas ao C.A. Ría de Ferrol
Vitoria para Pedro Nimo, que foi dar un paso pola ría mentres o demais nos arrastrábamos polo asfalto. Nas rapazas vencería María Cabadas. Nos nosos, carreirón de Abel e Fran, con marcas persoais na distancia, pulverizando o primeiro dos citados o seu anterior tempo. Bo tempo de Fernando, coa 10ª media no seu haber, e que, se non lembramos mal, fai algo máis dun mes estaba de baixa e encartado na cama; e Miguel con marca persoal, pero arrastro total na chegada a meta. Non nos podemos queixar despois de como se puxo o día.

Un ano máis con bo trato da organización, boa xestión do percorrido, agasallo de camiseta, avituallamentos...e unha ducha quentiña que prestou moito.

Fotos C.A. Ría de Ferrol

Próxima cita?? A saber..., pero este ano xa lle dimos lume abondo. Felicidades a todos os noitebros fanáticos da longa distancia.





Foto grazas ao C.A. Ría de Ferrol
Clasificacións
Oficial aquí

Os nosos


Patrocinadores

Arquivo