O pasado sábado celebrábase no Parque do Paxonal a fase zonal do Campionato de Cross Escolar. Este ano tivemos representación do nosos equipo na categoría infantil masculino con Miguel M., e na categoría cadete masculino, con Moisés e Nacho R.
![]() |
| Foto de Miguel M. grazas a Marcos L. |
O día estaba algo fresco, pero propicio para competir, xa que a choiva respectou a todos os que alí se citaron para participar nas diferentes carreiras.
![]() |
| Nacho R. Foto grazas a Marcos L. |
A carreira infantil tiña una distancia de 1.200 metros que transcorrían polo parque, coñecido, polos seus camiños abrasivos e costas. Miguel faría unha moi boa competición, finalizando no 9º posto, que posiblemente lle permita competir na próxima fase do campionato escolar.
![]() |
| Moisés. Foto grazas a Marcos L. |
A carreira cadete tiña unha distancia de 2.500 metros, con terreo algo máis complicado ao incorporar a zona baixa da carballeira do parque. Os nosos rapaces fixeron unha sensacional carreira, condicionada polo ritmo imposto polos xuvenís invitados. Clasificaría directo para a seguinte fase Nacho R. ao entrar entre os oito primeiros, recibindo a correspondente medalla. Moisés tamén experimentou unha sobresaínte mellora con respecto a tempada anterior, finalizando entre os 10 primeiros, o cal posiblemente tamén lle conceda un posto na seguinte fase.
En definitiva, os nosos rapaces deixaron ao noso club nun lugar destacado entre os equipos da comarca. Hai canteira!!
![]() |
| Foto grazas a Marcos L. |
Os nosos









