O pasado sábado tiña lugar a XII Carreira Popular Concello de Pontecesures. Nunha tarde fresquiña e pasada por auga competiron polo Noitebra, Marcos L., Puri, Fran e Shaila. Esta última reaparecía despois dun tempo de recuperación por lesión. Nas carreiras escolares participaría tamén Nacho R., que viña de facer o cross escolar pola mañá.
![]() |
| Foto grazas a Marcos L. |
![]() |
| Percorrido |
O percorrido deste ano foi acurtado ata os 4,35 km, pero mantiña a subida por onde o campo de fútbol e posterior baixada ata volver á zona de saída. Carreira curta e explosiva pois, pero rompepernas polas características da zona.
![]() |
| Perfil |
![]() |
| Foto grazas a Marcos L. |
En canto aos resultados dos nosos, inmellorables xa que na carreira absoluta Shaila retornaría aos podios cun 3º posto (chegar e encher, felicidades!!!), e o mellor, segundo ela, as sensacións de irse recuperando das súas molestias que a tiveron afastada da competición dende hai tempo. Bo ritmo de Marcos L. que se vai amosando nun fenomenal estado de forma. Puri ao borde do podio, e Fran reservando para a Media de Narón do día seguinte, da que xa coñecedes a crónica. Na careira escolar Nacho R. faría tamén o 3º posto na súa categoría.
| Foto por xentileza do Concello de Pontecesures |
Polo tanto, éxito rotundo nas terras de Fleky, que tamén competiría a gran altura.
Próxima convocatoria e cita: IV SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTELANA o venres 30 de decembro ás 21 h.
Clasificacións
Oficiais aquí
Os nosos
Próxima convocatoria e cita: IV SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTELANA o venres 30 de decembro ás 21 h.
Clasificacións
Oficiais aquí
Os nosos









