O domingo os atletas do Noitebra tiveron competición internacional na Meia Maratona de Viana do Castelo, en Portugal.
| Foto grazas á organización |
![]() |
| Percorrido |
Os nosos internacionais foron Manolo, Jonal, Fran e Fernando, inscritos a última hora grazas ao oportunismo de Jonal. Esperaban algo máis de 21 km de perfil non excesivamente complicado. Paticiparían cerca de 1800 persoas.
| Foto grazas á organización |
Segundo nos comenta Fran, a viaxe foi una paliza de algo máis de hora e media, para chegar tarde e arrastro, e deixando o coche ben lonxe da zona de entrega dos dorsais.
Saída pois en frío e na cola do pelotón (perderon máis de un minuto e medio e pasar pola saída dende o pistoletazo inicial), pero logo destes inconvenientes viría o mellor: un percorrido tipo Vig-Bay con moita xente animando. Os nosos foron inicialmente en bloque ata que pouco a pouco cada un foi collendo o seu ritmo, con escapada de Fran nos últimos 3 km, sendo o primeiro do noso equipo en chegar á meta.Ao final, medalla de recordo, bolsa con avituallamento líquido e camiseta, ducha quente e contentos coa boa organización da carreira.

Nova paliza de volta para Santiago, parando para comer no camiño (pero non bacallau).
Toca xa pensar en vindeiros adestramentos e carreiras.
Clasificación
Os nosos:
Fotos