martes, 24 de xaneiro de 2012

Atletismo: XII Cross Popular Concello de Boborás

O domingo o Noitebra tamén tería representación no XII Cross Popular Concello de Boborás (Ourense). Participaría nesta cita o noso compañeiro Raúl.
Foto grazas a Albertinho

 
Percorrido grazas a Xabi
A carreira duns 7,5 km de distancia, transcorría por pistas de monte con diferentes subidas e baixadas que complicaban o perfil.
 
Raúl faría un tempo oficial de 30:47 (promedio de 4:07 /km), rematando no posto 26 da clasificación xeral (de 262 que finalizaron).


Perfil grazas a Xabi

Moi boas valoracións desta carreira que ben vale ter en conta para participar en próximas edicións.




Patrocinadores

Arquivo