miércoles 25 de enero de 2012

Atletismo: III Cross Concello da Pobra. Campionato Galego de Veteráns

 O domingo tamén estivemos no III Cross Concello da Pobra, Campionato Galego de Veteráns.
Foto grazas a Xandra

Participarían no campionato Puri, J. Ramón e Nacho, e na careira senior Miguel Pirri. Serían baixas Pepe e Marcos L. por motivos varios.

O circuíto, xa coñecido por outras edicións, transcorría no piñeiral de Cabio, establecéndose as distancias segundo as diferentes categorías (dende os escolares ata os veteráns e senior). Este ano, grazas a que tivemos unha semana xenial a nivel climatolóxico, o terreo estaba xenial e mesmo non era preciso correr con zapatillas de cravos, o cal o facía máis propicio para os debutantes na modalidade.

Foto grazas a Xandra

E mirade se foi propicio que Puri, debutando, logrou o 3º posto na súa categoría, conseguindo así un mérito moi destacable ao tratarse dun campionato galego federado. Na categoría masculina, J. Ramón tamén debutaría con bo pé a pesar de estar entre algodóns toda a semana, finalizando no posto 13 da súa categoría. Nacho retiraríase na súa carreira. Na carreira senior masculina, alto nivel de corredores, pero baixo en número, polo que Miguel foi para cumprir o trámite dun adestramento máis, iso si, a fume de carozo.

En definitiva, grandes resultados para o club nun día estupendo para correr.
 





Os nosos

 

0 comentarios:

Últimas entradas no Blog:

Axenda

Axenda
Fútbol e Atletismo

Últimos Comentarios

Campaña de Soci@s

Campaña de Soci@s
Información aquí

Patrocinador Atletismo

Licenzas

Licenzas
Atletismo

Correr en Galicia

Correr en Galicia
Calendario Carreiras Populares

Fed. Gal. Atletismo


Colaborador

Descontos soci@s

Descontos soci@s

Descontos soci@s

Descontos soci@s

Descontos soci@s

Descontos soci@s

Jorge Raña Calvo

Arquivo