O pasado domingo celebrouse en Santiago o I Cross de Compostela, que á súa vez servía para celebrar o Campionato Galego Absoluto de Cross.
![]() |
| Foto grazas a Marcos L. |
![]() |
| Percorridos e distancias |
A cita tería lugar no circuito do Monte do Gozo, ben coñecido pola súa dureza. A proba absoluta sería gañada por Lolo Penas nos homes, e Solange Pereira nas mulleres.
O Noitebra tería representación nas categorías escolares, onde Moisés e Nacho R. terían que competir contra os mellores da autonomía galega na carreira cadete-xunenil de, finalmente, 3.335 metros. Seguro que non olvidarán a experiencia.
En canto aos seus resultados, cabe destacar que Nacho R. finalizou no posto 21 (7º categoría) cun tempo de 14 minutos e 28 segundos, e Moisés finalizaría no posto 23 (8º categoría) cun tempo de 15 minutos e 54 segundos.
O club está orgulloso dos nosos rapazes, que xunto cos da USC e Peleteiro foron os únicos representanes de equipos santiagueses neste prestixioso cross.
En vindeiras tempadas trataremos de achegar máis participantes do noso equipo.
Clasificacións
Mais información do cross






