domingo, 5 de febreiro de 2012

Atletismo: II Carreira do Cocido, Lalín

Os atletas do Noitebra seguen a facer historia no club. Nesta ocasión quedará na memoria o éxito acadado na II Carreira do Cocido en Lalín, celebrada a mañá do domingo. Caerían nada máis e nada menos que 4 trofeos en diferentes categorías.
Fotos grazas a Fran
Ampla representación dos nosos nas terras do Deza. Fran déixanos a seguinte crónica:

 

Migueliño 1º infantil


Hoxe todo comezou ben. Chegamos con tempo, tomamos un café, quentamos, estiramos, etc., e así nunha maña fresca, aínda que non tanto como esperabamos, e un lixeiro orballo que respectou durante a carreira.
  





Shaila 2ª na categoría


Xuntámonos un lote de noitebros, e saímos puntuais por un novo percorrido (un par de km. polo centro da vila e logo o do ano pasado pola veira do río) a fume de carozo, xa que os 5 primeiros km son para abaixo, e a volta todo para arriba tirando das pernas, sobre todo os 2 últimos pola vila.


Puri 2ª na categoría

Boas sensacións de todos en xeral (Shailiña xa non deixa de correr) e alegría á hora de ver os cronos, cousa que non é de estrañar se temos en conta que aínda que marcaban 10 km, foron en realidade 9,5. 




Pepe 3º na categoría

Á chegada camiseta rosa (cor porquiño) , auga e acuarius e bolsa con froita e bolleria. Todos pra ducha.Os que chegamos cedo con auga quente tirando a morna, e os últimos con menos sorte encolléuselles todo (non che dou nomes, je, je), e de alí a recoller o capacho de trofeos, e de volta para a casa cada un na cabeza coa súa respectiva próxima cita...



En definitiva, éxito rotundo. Felicitacións aos premiados!!!

Foto do equipo en Lalín
 


Patrocinadores

Arquivo