O día 25 de marzo de 2012 ás 10.30h. terá lugar unha nova edición da Media Maratón Vigo-Baiona (http://www.vig-bay.com).
Como ven sendo costume nos últimos anos, o Noitebra F.C. ofrece a posibilidade de inscribir aos seus atletas dende o club, realizando as respectivas xestións e pago anticipado das taxas.
Os prazos a ter en conta (regulamento Vig-Bay) son os seguintes:
- Ata o 8 de marzo incluído o prezo da inscrición é de 20 euros por atleta.
- Do 9 ao 15 de marzo o prezo increméntase a 30 euros por atleta.
O Noitebra realizará a inscrición como equipo de forma anticipada xa que a organización establece un límite máximo de 4.200 participantes. Polo tanto, o club tratará de pechar o proceso de inscrición ata o 16 de febreiro (practicamente 1 mes antes do incremento do prezo), e deste xeito asegurar a participación dos seus atletas interesados en asistir. Todo aquel/a atleta do Noitebra que queira acollerse á inscrición dende o equipo deberá confirmalo ata o 16 de febreiro. Fóra deste prazo o proceso de inscrición correrá por parte do atleta de forma individual.
Abrimos pois listaxe de pre-inscrición do Noitebra para a carreira, onde ademais de confirmar a intención de asistir deberedes:
- Anticipar se estades interesados en viaxar de forma organizada en equipo (bus+comida+de ser o caso, xunto a acompañantes).
- No caso de facer a viaxe de forma individual, indicar se interesa empregar o servizo de bus e o servizo de gardaroupa da Vig-Bay.
- Quen participe por primeira vez nesta carreira deberanos remitir unha copia dixitalizada do seu DNI (a miguelanxo@gmail.com).




