luns, 20 de febreiro de 2012

Atletismo: I Media Maratón Viña Costeira. Ribeiro solidario

O pasado domingo os atletas noitebros tiveron nova cita coa longa distancia na I Media Maratón Viña Costeria celebrada en Ribadavia. Foron da partida Pepe, Marcos L., Fran, Dani e Manolo.

Foto grazas a Shailiña

A continuación achegámosvos a crónica feita por Fran:

Foto grazas a Armada e Xinzo

Cara Ribadavia partimos ben cedo os 5 integrantes do Noitebra e contando co apoio moral da "señora" de Manolo, Walter e Shailiña. Á chegada unha néboa cerrada que por sorte levantou ó comezar a carreira e unha temperatura ben fresquiña.




Percorrido
Quentamos un pouquiño e a mallar: carreira totalmente por asfalto con fermoso percorrido pola beira do río e pasando por distintas poboacións. Saída ben rápida, xa que os 5 primeiros km. son cara abaixo e case pasamos por riba do coche da organización, para logo "llanear" outros 10, e encarar os 6 últimos co medo no corpo xa que había que voltar a subir o baixado, pero que ó fin fixéronse bastante levadeiros, xa que eran tobogáns sen demasiada pendente e con algún descansiño, iso si, quen chegara xustiño ó km 15 debeuno pasar mal.

Perfil aproximado





Foto grazas a oscarourense
En canto ás marcas, todo máis ca satisfeitos: marca persoal na distancia para un servidor; Marcos, no que era o seu debut en media, cumpriu con creces; Pepe fixo unha gran carreira a pesar dos kilómetros acumulados (nos adestramentos); Dani cumprindo os obxectivos marcados de cara a Maratón; e Manolo repetindo os tempos acadados en Viana e acabando con moi boas sensacións.

 
Foto grazas a oscarourense
Cabe salientar a magnifica organización da proba: o circuíto, pese a ser unha estrada transitada, estivo pechado o trafico e non nos cruzamos cun so coche. Servizo de médico e ambulancia, avituallamento cada 5 km., froita e auga á chegada, e unhas duchas do millorciño que vin (duchas de campaña nunha carpa con cantidade de alcachofas nas que cabían case 4 persoas en cada unha, e de auga quente ata o final). Finalmente, ruta guiada polas instalacións da bodega e degustación de pinchos e viño na entrega de trofeos. Por dicir algo negativo, a falta de agasallo final, aínda que a titulo persoal e tendo en conta o carácter solidario da carreira foi mellor que inverteran todo para a causa, que non era outra que a loita contra o Alzheimer, e camisetas temos moitas, e debeu ser todo un éxito, xa que entre a media e unha camiñada paralela xuntáronse máis de mil persoas.

En definitiva, unha carreira mais que recomendable para os amigos da distancia e na que salvo imprevistos volveremos a participar.
Foto grazas a oscarourense
Foto grazas a oscarourense
 









Felicitacións aos nosos atletas, e lembrar que a distancia era homologada, o que fala do mérito das marcas obtidas!!


Clasificacións

Os nosos


Patrocinadores

Arquivo