O domingo tocou cita na Interruning 2012, celebrada no Porriño.
| Foto grazas a gonchi-espino |
Por terceiro ano consecutivo participaron atletas noitebros nesta carreira con fama de ter un percorrido rapidiño. Por alá estiveron Nacho, Jonal e Miguel Pirri, coa baixa de Puri por causa da gripe.
Primeiro de nada queremos dedicar esta carreira ao presidente e á presidenta do Noitebra, que veñen de ser papás (pois menos mal que non esperou ata o día 29). Sen dúbida un grande acontecemento para a familia do Noitebra, que ata neste senso tamén vai medrando, e nada máis e nada menos que co primoxénito do presi. Felicitacións Bea e Pepe!!! Xa está tardando facelo socio do club.
![]() |
| Percorrido |
No Porriño tivemos un inicio de mañá fresquiño e logo se iría abrindo o ceo para, como sempre, rematar con calor nos últimos kilómetros.
O percorrido, non decepciona. Totalmente urbano, con 10 km practicamente chans e case que homologable. De aí que houbese una grande participación, rematando a carreira máis de 1.300 corredores e corredoras. E iso que pecharon anticipadamente a inscrición, xa que, como ben dicían pola megafonía, as rúas do pobo non dan para máis.
![]() |
| Perfil |
| Foto grazas a safardatxo |
![]() |
| Foto grazas a Gely |
Clasificación
Oficial aquí
Os nosos
Máis fotos no foro de Correr en Galicia








