domingo, 4 de marzo de 2012

Atletismo: X Carreira Popular Concello de Padrón

Nova entrega da Carreira Popular Concello de Padrón, na que o Noitebra participou o pasado sábado.

Foto grazas a flip

 

Percorrido

9 noitebros se deixaron ver por terras padronesas para competir no circuíto de 10 km homologados pola RFEA. Mágoa non ter sido 10 compoñentes para computar como equipo e facer palmarés, aínda que sabemos ben que as opcións de podio non estaban ao alcance nesta ocasión. Mágoa tamén que as nosas féminas se quedasen a un pasiño da gratificación económica por postos, e que Puri estivese bicando o 3º posto na súa categoría por uns vinte segundos.
Perfil




    
Foto grazas a flip
 
No obstante, quedamos coa satisfacción de gozar dunha boa tarde correndo, nun percorrido case chan, pero esixente se se contaba de ir rápido, e onde Iván Sanmartín, Delegado da FGA en Santiago, entregou a Puri a medalla que non recollera polo 3º posto na súa categoría no Campionato Galego de Cross en Cabío, celebrado o pasado mes de xaneiro. Felicidades!!!




Foto grazas a flip
Foto grazas a flip











Foto grazas a flip
Polo demais, carreira a tope onde saímos a pasalo ben. Moi boa participación e ambición na xente (os cartiños tiran...), tanto en homes como en mulleres. Boa organización e bo trato, cunha entrega de premios interminable, onde a espera valeu a pena, xa que os noitebros que resistiron ate o final tiveron todos agasallo (incluso o bo de Fleky pillou gorra).


  Fotos grazas a Silvia










Clasificación
Oficial aquí

Os nosos

 
Máis fotos no foro de Correr en Galicia

Patrocinadores

Arquivo