E o domingo tamén estivemos na I Carreira Pedestre Concello de Camariñas. Pepe, Puri, J. R. Abel, Manolo e Miguel T. deixaron ao equipo en moi bo lugar.
Éxito rotundo, con podios para Pepe, Abel e Puri en cadansúa categoría. O que no se logrou o sábado en Padrón e Ordes, caeu en Camariñas, onde o noso club estivo ben presente nos medios gráficos do lugar.
A carreira, de 10 km por un percorrido moi de Galicia (con subidas e baixadas), tivo moi boas críticas en canto á súa organización, e sobre todo tendo en conta que era a súa primeira edición. Non tivo unha participación enorme, pero si digna e axeitada para que todos os asistentes puidesen gozar cos ánimos dos veciños do lugar.
![]() |
| Percorrido |
Seguro que os nosos atletas marcarán esta carreira para vindeiras edicións.
Clasificación
Os nosos








