O pasado domingo tivemos ao noso compañeiro Manolo competindo na V Carreira Popular de Xinzo da Limia nunha mañá fresquiña para correr 10 km homologados pola RFEA.
| Foto grazas a Oscarourense |
| Foto grazas a Oscarourense |
O percorrido de dúas voltas nun circuíto de 5 km que transcorría parte pola vila e parte pola zona recreativa do río, tiña un perfil semichán, polo que se facía propicia para levar un ritmo relativamente constante. Así o fixo Manolo, empregando case o mesmo tempo nas dúas voltas para rematar facendo un tempo oficial de 48 minutos e 14 segundos, cun promedio de 4:50/km, para finalizar no posto 267 da xeral (dun total de 350), e 18 na súa categoría. Excelente tempo para o noso atleta que leva unhas últimas semanas cargadas de competición.
Na carreira absoluta masculina resultaría gañador o noso veciño de Negreira Jorge Crespo, e na feminina gañaría Sonia Teijeiro.
Próxima cita na Media Maratón Vigo-Baiona o 25 de marzo. PERMANECEDE ATENTOS/AS ÁS INMINENTES NOVIDADES sobre a viaxe organizada dende Santiago.
Clasificación
Oficial aquí
Máis fotos no foro de Correr en Galicia




