O pasado domingo tamén tivemos representación no I Cross "Río Liñares" Concello de A Estrada. Por alá estivo José Manuel, logrando nada máis e nada menos que o 2º posto na categoría senior.
| Foto grazas a Carballeira |
| Foto grazas a Carballeira |
A carreira, de 10,5 km, celebrouse nun circuíto de tres voltas a un percorrido que o clima iría complicando, e é que cabe recordar que nesta zona, igual que en Santiago, o día estivo con constantes chuvieiras.
Como dicimos, fenomenal carreira do noso atleta e recente empresario coa súa tenda especializada en atletismo “39 Segundos” sita en Pontepedriña (Santiago). Jose finalizou no posto 11 da carreira absoluta e 2º na súa categoría, aínda que por falla de costume marchou sen o merecido trofeo. Felicidades Jose!!!
En canto á media maratón Vigo-Baiona, a poder ser, este mércores indicaremos os detalles de cara ao desprazamento organizado do equipo a realizar o domingo día 25 de marzo.
Clasificación
Oficial absoluta aquí
Máis fotos no foro de Correr en Galicia e na Web de Atletismo A Estrada