mércores, 4 de abril de 2012

Atletismo: Previa Maratón A Coruña 42

 ÚLTIMOS AVISOS (12/04/2012)
  • Tratade de levar o chip amarelo a San Lázaro a tarde-noite do xoves 12 de abril. A organización quere comprobalos o día que se vaian recoller os dorsais. Os necesitamos logo para que Raúl os poida levar Á Coruña cando nos vaia recoller os dorsais.
  • Neste enlace xa podedes coñecer o voso nº de dorsal, consultar o nº de caixón e comprobar que o voso código de chip amarelo sexa o correcto.



AVISOS IMPORTANTES para os atletas que vaian participar na Maratón A Coruña 42.

  • Lembrar que o prazo de inscrición remata este 8 de abril, e que logo, séxase ou non federado, entendemos que para participar haberá que pagar 50 euros, sendo o límite final da inscrición ata 48 horas antes da carreira. Se alguén falta por inscribirse, que o faga ou que nolo notifique para facelo dende o club o antes posible.
  • Estamos ultimando a recollida anticipada dos dorsais a través dun colaborador alleo ao club. Se alguén do club conta de facer a recollida anticipada pola súa conta, rogamos que nolo comunique con urxencia e así poder valernos deste compoñente do noso equipo e non molestar a esa persoa allea para dita tarefa.
  • A vindeira semana (martes ou xoves) organizaremos o desprazamento á Coruña para realizalo da mellor forma posible. Quen queira sumarse á viaxe en grupo (en coches), que avise a tempo para facer os cálculos pertinentes (coches, condutores "descansados", etc.). Xa se avisará neste blog do lugar de saída dende Santiago, a hora, etc.
  • De cara aos avituallamentos en carreira, ademais de levar enrriba geles, etc., pensade na posibiliade de deixar avituallamento específico para entregar á organización e utilizalos nos postos de avituallamento establecidos na carreira (haberá que indicar en cal se queren deixar). De sermos autorizados, esta labor será realizada por un representante do equipo nos propios postos (parece ideal o situado na zona dos Cantóns, sobre os kms 14, 28 e 32, aproximadamente). Lembramos esto xa que está prohibido recibir avituallamento de persoas alleas á carreira e fóra dos postos establecidos para tal cometido, con risco de descalificación se non se cumple a norma.

Tedes toda a información da carreira aquí.

XA QUEDA MENOS!!!

A COIDARSE!!! Os excesos nestas últimas semanas serán os lastres no día da carreira.



Patrocinadores

Arquivo