domingo, 8 de abril de 2012

Atletismo: XXXIII Carreira da Pascua, Padrón

Nova xornada competitiva dos atletas do Noitebra. Nesta ocasión tocaba a tradicional Carreira da Pascua de Padrón, que xa vai pola súa 33 edición.

Foto grazas a moses

 
Foto grazas a moses
Estiveron representándonos J. R. Abel e Nacho L. que nunha mañá de sábado nubrada e fresquiña completaron o xa habitual percorrido por terras de Rois e Padrón ata realizar un total de 13,3 km aproximadamente.

Boa participación, como sempre, rematando a carreira case 370 atletas na carreira absoluta, dominada por Jorge Crespo na categoría masculina e Yolanda Gutiérrez na feminina. Os nosos, sen queimarse, completarían a carreira de forma digna e afinando a súa participación no maratón da vindeira semana.

En definitiva, boa carreira para ir despedindo o período vacacional da semana santa.

Clasificación

Os nosos

Patrocinadores

Arquivo