luns, 9 de abril de 2012

Atletismo: I Carreira Solidaria do Barbanza. Corremos por Paula

Crónica da I Carreira Carreira Solidaria do Barbanza por xentileza de Fran:

Foto grazas a Lidia

 

Percorrido grazas a Flipy
O sábado á tarde o Noitebra participou na I Carreira Solidaria da Pobra “Corremos por Paula”, representado por Puri, Shaila, Mallo máis eu (Fran). A carreira comezou con cambios no percorrido, xa que se ía disputar dende Boiro á Pobra do Caramiñal, pero a organización non contara con que a Garda Civil non lles permitise cortar esta estrada por mor das datas de Semana Santa, o que foi unha magoa, pois dito percorrido é por unha estrada de costa cunhas fermosas vistas, e non tódolos días se corre unha carreira en liña. Aínda así, o novo circuíto non tería nada que envexar, xa que logo de dar unha volta polo porto de Pobra, saímos cara as praias da Lombiña e Cabío para volver á vila ata completar unha distancia “oficial” de 10 km. aínda que os GPS marcarían uns 9,7 km., de aí os magníficos tempos finais


Perfil grazas a Flipy
En canto aos nosos, dicir que Puri segue coa súa magnifica progresión, e que 2 horas máis tarde dobraría na carreira da muller, de 4 km., na que tamén faría un gran papel. Shaila tamén fixo gran tempo a pesar das súas “circunstancias” persoais; e Mallo cumprindo con creces no seu retorno á competición; en canto a min, correndo algo mais rápido do que debera tendo en conta a cita da semana que vén, pero e que dada escasa participación e que na miña categoría eran tan so 5 anos de amplitude, non puiden resistir a tentación (esperemos que non pase factura na maratón).
Ao final bebidas e froita para todos e un sabor agridoce, xa que, pese a gran carreira de todos, quedounos a magoa de que as premiacións foran so por categorías, pois de ter dado premios na xeral, Puri e Shai houbesen obtido o 3º posto nas súas respectivas categorías, e eu o 2º da miña, en fin, outra vez será. 

Xa para rematar, salientar a titulo persoal que foi unha gran carreira e por unha moi boa causa, pero dicir que debería darnos que pensar que en carreiras non benéficas e nas que a inscrición custa unha pasta participen mais de 4.000 persoas, e que nesta non chegásemos aos 200, pero así e todo hai que felicitar á organización e a tódolos participantes, e esperar que sigan promovendo estas causas e que o graniño de area que aportamos valga para algo...
 
Foto grazas a Lidia

Clasificación 

Os nosos


Patrocinadores

Arquivo