sábado, 14 de abril de 2012

Atletismo: Camiño da Maratón A Coruña 42

Vamos con todo á Maratón A Coruña 42!!! A cidade herculina será colonizada polo poder compostelán do Noitebra F.C. Novo reto para os nosos atletas cando xa parece que pasou unha eternidade dende o último maratón no que participamos, en Ourense, celebrado o pasado mes de outubro, onde chegamos a competir con temperaturas superiores aos 24 grados.
Fotos de Pirri grazas a Tito e Xinzo: 1ª volta e final de Maratón en Ourense, outubro 2011



Como ben sabedes, o prognóstico do tempo non é nada favorable (quen nolo ía dicir, se o comparamos co de Ourense), como ben destaca Carlos Fernández Balseiro, noutrora home do tempo da TVG.
Clic no mapa para ampliar
Con todo, canto peores sexan as condicións, máis grande será a xesta dos nosos intrépidos atletas. Dani, Pepe, Raúl, Manolo, Fran, Abel, Óscar, Jonal, Nacho e un servidor (Miguel Pirri), trataremos de dalo todo, e sempre co inestimable apoio técnico e moral de Shaila e Fleky. Seguro que será un día inesquecible, sobre todo para os debutantes na distancia, neses temidos 42.195 metros.

A carreira constará de 3 voltas a recorrer nun circuíto duns 14 km de distancia de perfil case chán.
A saída será ás 8.30 h. na Avenida de Montoto, cerca da Praza de María Pita, e a chegada será na citada Praza. O noso compañeiro Raúl espéranos previamente na Praza de María Pita dende as 7.30 h. para entregarnos os dorsais, chips validados e bolsa de cada corredor entregada pola organización.

Zona de parking
A viaxe en grupo en coches sairá dende Santiago o domingo ás 6.45 h. dende o Castiñeiriño, e logo se completará e organizará en Sigüeiro para saír cara A Coruña (autopista) todo máis tardar ás 7 h. Contamos de chegar á Coruña antes das 7.45 h., xa que ás 8h. cortarase o tráfico na cidade. Trataremos de aparcar os coches nalgún parking na proximidade dos Xardíns de Méndez Núñez (onde é a saída habitual das carreiras A Coruña 10 e A Coruña 21).

Poucas recomendacións me quedan por dar aos nosos atletas. Cada un sabe o que ten que facer antes, durante e despois da carreira. Tan só darvos ánimos a todos e desexarvos moita sorte. Como moito deixarvos un vídeo destes motivantes, pero mellor velo o domingo pola mañá, non vaia ser que xa comecedes a correr o sábado!!!



Máis información da carreira aquí


FORZA NOITEBRA!!!!

Patrocinadores

Arquivo