domingo, 6 de maio de 2012

Atletismo: VI Carreira do Corgo

Crónica grazas a Fran

Este sábado celebrouse no lugar de Teira a VI Carreira de campo a través do Corgo - Corrubedo, primeira proba do circuíto de carreiras populares de Riveira, e ata alí achegámonos cinco noitebros: Jaime C., Pepe, Nacho, Mallo, Jose Manuel e eu (Fran), sendo baixa de ultima hora Moncho; e a afección composta por Shaila, a moza de Jaime C., a nai de Jose Manuel, e nos metros finais tamén contamos co apoio do noso Fisioterapeuta Jaime Rivas e a súa moza.

Foto dos triunfadores grazas a Shaila

 
 
Foto grazas a Shaila
A carreira foi como xa todos esperabamos: dura, dura, a pesar de respectarnos a choiva case ata o final, o terreo estaba asolagado a causa das augas caídas os últimos días. Foron 9 Km. con 300 metros de saída rápida e puntual, e que ata o km. 5 foron máis ou menos levadeiros, se non temos en conta a lama que nos chegaba aos nocellos para logo comezar as hostilidades atravesando a fermosa praia de Espiñeirido e encarar a continuación 3 subidas consecutivas (polo que se falaba na meta non houbo ningures que rematara a proba sen camiñar nalgún tramo) para chegar ao alto do Monte do Facho, e dende aí costa abaixo a tumba aberta cara a meta.

Foto grazas a Shaila
Esta e unha carreira diferente que en 6 edicións non repetiu nunca percorrido, e que a pesar da dureza e das mais divertidas e fermosas de Galicia, e da que hai que destacar tamén a magnifica organización e un avituallamento final espectacular a base de bocadillos, froita, empanada, doces e o mellor de todo unha cervexiña fresca de barril que non che dan case en ningures...


Foto grazas a Shaila
Dos resultados dos nosos destacar a impresionante carreira de Jose Manuel que foi nin máis nin menos que 5º na xeral, o rapaz promete... a continuación entraría Pepe no posto 23, facendo tamén unha magnifica carreira (e cunha espiña cravada no pe) obtendo tamén así unha premiación... despois entraría eu, que saín co obxectivo de aguantar a Pepe, pero a partires do km. 5 perdino de vista, e é que a Maratón pasou máis factura da esperada, pero contento co resultado e cos punto obtidos de cara o circuíto de Riveira... seguidamente chegaría Nacho que neste tipo de carreiras séntese como peixe na auga e fixo tamén un gran crono... o seguinte en rematar foi Mallo que probou por primeira vez nas súas carnes a dureza desta proba, pero seguro que repite para o ano... e por ultimo Jaime C. que a pesares de estar sen adestrar esta e a 5ª ocasión consecutiva que remata esta carreira, e para o ano máis...

Percorrido

Perfil

Por ultimo, repetir o agradecemento a organización por seguir facendo posible esta carreira así como o circuíto, e animarvos a todos a participar en vindeiras edicións. Vémonos na próxima cita do circuíto de Riveira, que será o vindeiro 17 de Maio na Carreira da da Virxe da Guía.

Foto grazas a dakidarria
Foto grazas a dakidarria
Foto grazas a dakidarria

Foto grazas a Shaila
Foto grazas a Shaila










  
Clasificación

Os nosos
  

Patrocinadores

Arquivo