O pasado sábado tamén estivemos na IX Carreira Popular do Concello de O Pino, onde ademais competimos por equipos coa participación de Puri, Manolo, Raúl, Julio, J.R. Abel, Félix, Marcos S. e Miguel Pirri, coma federados, e a debutante Ángeles. Sería baixa por temas familiares, Carlos. Na categoría cadete competiría Moisés.
 |
Foto de Félix grazas a Moses
|
 |
| A fondo Marcos S. grazas a Moses |
Era un grande día de reencontro con Marcos SADEGA e con Félix a lá pola terra da súa residencia, e que sempre nos recibe tan ben. Tampouco esquezamos que Raúl e Abel teñen alí raíces, e algún futurible do equipo como Cesar C. (has de fichar rapaz, has de fichar...). En especial citar a Félix e a Marcos, que levan con cadansúa doenza que os leva impedindo competir con normalidade dende hai moito tempo. No obstante, ante a convocatoria desta carreira, non dubidaron en deixar á marxe as súas penurias para dalo todo polo equipo diante da súa parroquia.
O sábado parecía non prestarse para a práctica deportiva, pero como se Iván Sanmartín (xefe do tinglado) fixese un pacto co diaño, a tarde respectounos en canto ao clima se refire.
Boa participación nun percorrido que ano a ano vaise facendo máis atractivo para os atletas e para os espectadores, para completar aproximadamente 8,1 km de perfil algo quebrado e esixente se un pretende facelo rapidiño.
 |
| Perfil |
 |
| J. R. Abel. Foto grazas a Moses |
 |
| Raúl, gañador local. Foto grazas a Moses |
 |
| Gran Julio en O Pino. Foto de Moses |
A participación por equipos estivo tremendamente competida, quedando o noso equipo no 6º lugar (gañador, o Coruña Comarca), se ben, moitos non chegamos no noso mellor momento.
A nivel individual, gañaría en homes Robertas, e en mulleres Yolanda Gutiérrez. En canto aos nosos, éxito rotundo: a debutante Ángeles lograría o segundo posto na súa categoría. Puri tamén sería segunda na súa categoría, e Raúl gañaría a carreira dos locais. Case nada...Nas categorías escolares, Moisés finalizaría nun meritorio 4º posto. Destacar a gran carreira de Julio, que veu completar o que fixera o seu irmán no Corgo, liderando o equipo en todo momento. Os demais, algo arrastro polo efecto do Maratón da Coruña, pero non estivo mal a cousa.
 |
| Foto de Ángeles por Moses |
Felicitar á organización, que ano a ano vaise superando, e creo que en nada conseguirán consolidar non só a carreira, senón o percorrido polo espectáculo que nos ofrece a todos.
O próximo ano, máis Noitebra en O Pino.
Máis fotos de Moses
 |
| Puri, 2ª na categoría |
 |
| Manolo "a saco" |
 |
| "Tísico" estado post-maratón |