Un ano máis o Noitebra estivo presente en Carnota para participar na XXI Carreira das Areas.
| Foto grazas a Pache |
Un bo número de compañeiros pegaríanse o madrugón o pasado sábado para ir ata esta fermosa praia. No obstante, a carreira absoluta non sairía ata as 10:50 da mañá, polo que chegamos ao noso destino con tempo abondo para ir vendo as modificacións máis salientables feitas no percorrido.
| Foto grazas a Jeanette |
Cabe lembrar que esta carreira transcorría ao 99,9% pola area da praia, completando cerca de 8 km. Pero nesta edición, e supoñemos con motivo de facer esta carreira máis do Concello, veu modificado o seu percorrido, facendo a saída e chegada precisamente diante da casa do Concello, engadindo uns 3 km por asfalto (cunha importante costa incluída) acurtando algo na praia os xiros nas balizas (evitando zonas de area seca), para completar aproximadamente uns 9.750 metros (ter en conta que ao longo da liña da praia cada un podía seguir a súa ruta con tal de pasar polos puntos de xiro). Fíxose pois máis dura que outros anos (e iso que nesta ocasión a area da praia estaba en optimísimas condicións), pero pola contra perdeu algo de encanto ao facela saír da praia (quen non fose nunca antes evidentemente non terá esta apreciación).
| Foto grazas a Jeanette |
O clima parecía ser propicio para a carreira (non tanto para un día de praia), pero a pesar de estar o día moi nubrado, había un ambiente de bochorno, e, de feito, chegamos a correr cuns 25 grados.
| Foto grazas a Jeanette |
Na praia, daba gusto correr coa brisa do mar en contra, pero ao cambiar de sentido comezaba a tortura do bochorno. Para rematar a faena, chegada en dura subida, coas pernas cargadas e xa torrados pola calor. Aínda así, creo que todos gozamos coa carreira, a animación dos espectadores locais, veraneantes e acompañantes, e en especial co bo trato da organización, que nos tiña preparado en meta, un avituallamento con diferentes refrescos, rosca, camiseta conmemorativa...e outras comodidades.
| Foto grazas a Jeanette |
A carreira sería gañada por Rubén Caamaño nos homes e Teresa Castro nas mulleres. En canto aos nosos, fenomenais resultados, sendo Pepe o primeiro dos nosos en chegar, facendo ademais 2º na súa categoría, e Puri sería 1ª na súa.
Logo tocaría gozar da praia doutro xeito, e aínda que o día non parecía acompañar, uns cantos pasamos de atletas a veraneantes.
| Foto grazas a Pache |
| Foto grazas a Jeanette |
| Foto de grupo con J. Bernal |
Percorrido e perfil
![]() |
| Percorrido |
![]() |
| Perfil |
Os nosos
Fotos







