Achegámosvos a crónica da V Carreira do Demo en San Xián de Artes por xentileza de Fran e unhas breves reseñas da IV Carreira da Pobra do Caramiñal e o XXXIII Maratón do San Antón en Cuntis nas que tamén estivo presente o Noitebra.
![]() |
| Foto dos nosos en Artes por xentileza de Shaila |
Crónica da V Carreira do Demo en San Xián de Artes:
![]() |
| Foto co demo grazas a Fran e Shaila |
Este domingo varios integrantes do Noitebra desprazámonos ata Artes (Ribeira) para participar na V edición da Carreira do Demo e escribir outra brillante paxina na historia do clube, xa que regresamos cunha nova recua de premiacións.
A expedición estaría formada polos inscritos no circuíto de Ribeira: Jose Manuel, Pepe, Mallo, Nacho L. e Fran, e contariamos a maiores con Abel, o futurible noitebro Ramón C. e o noso fisio Jaime R. (xa comezaron as negociacións de cara a súa incorporación á nosa familia). Tamén estivemos fortemente arroupados dende o publico por Belén, Shaila, a muller de Abel e a nai de Jose Manuel, así como a familia de Jaime R.
Da carreira pouco se pode dicir, xa que é unha habitual nos nosos calendarios e os que xa participamos noutras ocasións sabemos que o de Demo non é soamente polos 6,666 Km., senón tamén porque non ten un perfil precisamente favorable, co tempo despexado, pegando o sol pero sen abafar, e o ritmo, a pesar da dureza, forte dende o inicio como case sempre; a organización perfecta, xa están curtidos nestas lides: sinalización, avituallamentos (bocadillo de chourizo incluído), etc... E o único pero foi a participación, a mais pequena nestes últimos anos por mor de coincidir con outras carreiras, pero que a fixo mais entrañable se cabe.
![]() |
| Foto dos triunfos grazas a Fran e Shaila |
Os resultados dos nosos foron practicamente inmellorables, tendo en conta que se outorgaban ademais dos premios por categoría varias medallas (do 1-10 Ouro, do 11-20 Prata, do 21-30 Bronce) e por orde de entrada en meta foron os seguintes: primeiro sería, como non, Jose Manuel, que levaría medalla de Ouro e o 2º trofeo da súa categoría; a continuación Jaime R., con medalla de Prata, e catro anos despois subiría ao podio para acompañar a Jose Manuel no 3º posto; o seguinte seria Fran, con medalla de Bronce; pouco despois chegaría Abel, con medalla de Bronce e 2º posto na categoría, na que tamén ocuparía o 3º posto Pepe, ás portas da medalla, pero hai que ter en conta que a semana previa non levantou o pé nos adestramentos; por detrás chegarían Ramón c. e Mallo, cumprindo obxectivos persoais e plantándolle cara á dura carreira; e por ultimo Nacho, que saíu "tranquilo" pero que case iguala a súa mellor marca nesta proba acadada na anterior edición, e comentaba ao rematar a carreira que non atopara esas costas tan duras que recordaba...
| Foto grazas a Xandra |
A entrega de premios foi por tanto de grande color laranxa, xa que ata Shaila, sen ter participado, subiu nun par de ocasións a recoller os premios dunha coñecida que saíu a fume de carozo para a carreira da Pobra do Caramiñal, e como dato curioso, dicir que cando subiu unha rapaza a recoller o seu trofeo cunha camiseta do noso color, o comentario do spiker foi: “outro do Noitebra!!!”
Repetiremos, tanto a esta carreira como o circuíto de Ribeira...
Como detalle final comentar que vencerían na proba absoluta Hassan Lekhili e Rafaela Almeida.
![]() |
| Foto grazas a Marcos L. |
Unha hora máis tarde da carreira de Artes, ás 12 horas, tería lugar a IV Carreira da Pobra do Caramiñal, onde teríamos como representantes a Marcos L. e a Ramón A.
Percorrido como sempre moi rápido polo seu perfil case chan de 6,5 km pola contorna urbana da vila e por parte do paseo marítimo. Vencerían na carreira absoluta Tiago Costa e Filomena Costa.
Luces e sombras nas valoracións sobre á organización, pero en xeral foi unha carreira que non defraudou e na que como case sempre estivo presente a calor.
| Foto grazas a Al PaLo |
Xa pola tarde (sobre as 19:30 h.) tivemos ao noso compañeiro Nacho L. dobrando na carreira do nada máis e nada menos que XXXIII Maratón do San Antón en Cuntis, cunha nutrida participación de atletas entre todas as categorías. Carreira algo rompe-pernas de 6,4 km que contaría con máis de 200 persoas na proba absoluta, feito meritorio se temos en conta todas as carreiras que houbo ese día. Os vendedores absolutos serían Rafael Fuentes Lubián e Isabel Saez Batallán. Moitos trofeos para os atletas grazas aos patrocinadores, aspecto que fai única esta proba. Outro ano tocará enviar maior representación do club.
Percorridos e perfís das carreiras
San Xián de Artes
![]() |
| Percorrido |
![]() |
| Perfil |
A Pobra
![]() |
| Percorrido |
![]() |
| Perfil |
Cuntis
![]() | ||
| Percorrido |
![]() |
| Perfil |
Clasificacións
San Xián de Artes: oficial aquí
A Pobra do Caramiñal: oficial e tamén vídeo da chegada aquí
Cuntis: oficial absoluta aquí
Os nosos
San Xián de Artes
A Pobra
Posto xeral: 65 / Posto Categoría: 15 / Tempo: 25:29 / Ritmo:3:55/km
Posto xeral: 152 / Posto Categoría: 13 / Tempo: 29:51 / Ritmo: 4:35/km
Finalizaron 259
Cuntis
Nacho L.:
Posto xeral: 122 / Posto Categoría: 40 / Tempo: sen determinar
Finalizaron 207
Fotos
San Xián de Artes
A Pobra
Cuntis















