En día festivo algúns noitebros nos achegamos ata a XXIII Carreira Popular de Cambre.
![]() |
| Foto grazas a J. Luis Temprano |
Raúl e Miguel e o case-noitebro Fleky estiveron por terras coruñesas para sumarse a este evento que se está a converter nunha auténtica festa do atletismo popular, que xuntou máis de 460 participantes na carreira absoluta.
Este ano houbo variacións a nivel organizativo, empregándose o sistema propio de control de cronometraxe da Federación Galega de Atletismo, así como previamente o proceso de inscrición a través da rede, polo que apenas houbo retrasos na recollida de dorsais e hora da saída (11:30 h.).
![]() |
| Foto grazas a J. Luis Temprano |
Non variaría o percorrido tradicional polo paseo do río Mero, completando na carreira absoluta case 6 km de distancia (incluídos os máis veteranos que outros anos corrían uns 4 km), na súa maioría por camiños de terra.
Por alí estaría Luís Calvo, que gañaría a proba, sendo a primeira muller Isabel Batallán.
En canto aos nosos, sen deixarse o pelexo, pero a bo ritmiño para tomarlle o pulso á competición, e sobre todo, gozar co percorrido.
| Foto grazas a Luis López |
En definitiva, pasamos unha boa mañá que se foi complicando con choiva na última hora, pero que nos serviu para comprobar como vai medrando esta carreira, que hai uns anos non chegaba aos 200 participantes, e como tamén foi mellorando aspectos organizativos (inscrición, cronometraxe...), polo que hai que felicitar aos responsables da mesma.
Esta semana, estaremos en máis carreiras. Entre elas a destacar a Carreira das Areas en Carnota. Se o tempo acompaña, tocará bañarse na praia.
Percorrido e Perfil
![]() |
| Percorrido virtual |
![]() |
| Perfil |









