Intensa fin de semana competitiva para o Noitebra Atletismo, que participou na carreira de Marín o venres pola noite, e o domingo nas de Mesía e Vimianzo.
| Foto do éxito do equipo en Vimianzo grazas a Tamara |
O venres teríamos a Nacho e Ángeles en Marín competindo na I Carreira de Marín +10, dedicada a Manuel Rosales, de perfil chan e que contaría con case 300 participantes na carreira absoluta. Os nosos fixeron a proba en menos de 50 minutos, con Ángeles correndo lesionada nun nocello, e aínda así lle daría para finalizar 5ª na súa categoría. En xeral, moi boas valoracións da organización desta carreira patrocinada por ENCE.
| Abel no podio |
O domingo teríamos dobre cita. Na II Carreira de Mesía estarían J. R. Abel e Raúl, o primeiro para correr a carreira de 6 km e o segundo facendo a de 12 km. Carreira popular por excelencia traducido e medios e recursos modestos (iso si, con pinchos ao final), pero trato inmellorable por parte da organización. Perfil duro, especialmente na carreira longa, onde realmente se farían 11,3 km. Na carreira curta Abel vencería na súa categoría, recibindo un trofeo ben xeitoso. Felicitacións!!
| Trofeo de Mesía |
Tamén o domingo teríamos ampla representación na I Carreira de Vimianzo, cos irmáns Bermúdez, os irmáns Iglesias e a parella Belén e Mallo (entre familias andaba a cousa). Carreira de escasos 10 km, cona algunha que outra costa que complicaba o ritmo. Apenas 90 participantes, debido posiblemente á coincidencia con outras carreiras e ao feito de er a 1ª edición, pero alí estivo o Noitebra para quedar no palmarés da proba conseguindo nada máis e nada menos que 4 trofeos individuais: Jose, Pepe, Puri e Belén subirían ao podio en cadansúa categoría. Éxito total pois do equipo. Noraboa a tod@s!
Fotos de Vimianzo grazas a Tamara
Oficiais de Mesía, cando se publiquen
Os nosos en Marín
Os nosos en Vimianzo
Fotos







