Nova fin de semana de carreiras para o Noitebra. Nesta ocasión teriamos representación o pasado sábado na IX Carreira Nocturna de Vilagarcía de Arousa e a mañá do domingo no Cross Popular de Cabanas.
| Foto de Ramón grazas a Xinzo |
Na nocturna de Vilagarcía estaría o noso compañeiro Ramón, que faría pouco máis de 34 minutos en percorrer os 7,6 km do xa clásico circuíto urbano pola vila, caracterizado pola súa planitude e propicio para darlle brasa. Participarían uns 235 atletas de diferentes categorías, con algúns de bo nivel (Alejandro, Fernández, Hurtado, Solange Pereira, Yolanda Gutiérrez...). A proba tería valoracións moi positivas, polo que seguimos estado pois ante unha carreira moi recomendable, e peculiar polo feito de ser pola noite.
O domingo teriamos a Ángeles, Nacho, Puri e Anxo en Cabanas para facer o cross popular, que, de paso, tomaríanse un bo día de praia.
![]() |
| Foto grazas a Ángeles |
| Foto grazas a Ángeles |
O percorrido transcorría pola zona do piñeiral, onde habería que completar uns 7 km practicamente chans, con obstáculos móbiles en forma de domingueiros.
| Foto grazas a Ángeles |
Non sabemos os resultados, xa que, tan enxebre é esta carreira que se tomaron ao voo, nunha libreta, provocando algo de cristo á hora de rexistralos, e non digamos xa á hora da entrega de trofeos.
Vemos polo tanto que esta carreira continúa a ser unha pachanga de verán, pero non por elo deixa de ser divertida e moi propicia para logo seguir coa troula na praia. Así o fixeron os nosos compañeiros, que souberon ben conciliar competición e diversión.
A vindeira semana, máis aventuras de verán dos atletas do Noitebra.
Clasificacións
Oficial da nocturna de Vilagarcía aquí
Oficial do cross de Cabanas (por xentileza do Atl. Ría de Ferrol)
Oficial do cross de Cabanas (por xentileza do Atl. Ría de Ferrol)
Os nosos en Vilagarcía
Posto absoluto: 164 / Categoría: 139 / Tempo oficial: 34:24 / Ritmo:4:25
Fotos






