luns, 8 de outubro de 2012

Atletismo: VI Carreira Popular A Coruña 10

Cita de rigor do Noitebra, como todos os anos, na VI Carreira Popular A Coruña 10.

Moncho co seu xesto característico. Foto grazas a Rakel
Puri, Nacho, Óscar, Carlos, Mocho e M. Pirri serían os que representarían ao equipo nunha mañá na que o ambiente bochornoso faría acto de presenza fulminando a máis de un na carreira. Quedaría con mágoa de poder ir o noso patrocinador, Marcos "SADEGA", por molestias nun pé.
Foto grazas a Xosemon
Un servidor que vos narra e os seus colegas irían tempo antes de máis, por non confirmar ben o horario oficial, é mágoa que a saída non fose ás 10:30 h. porque o houberamos agradecido, xa que as 11 h. xa tiñamos uns 21 graos e unha alta sensación de calor.

Máis de 2.000 persoas se congregaron na cidade herculina nunha cita de 10 km homologados, algo duriños na súa parte inicial, e, evidentemente, complicados polo efecto do calor. A proba está en que con peores tempos que tempadas anteriores era posible facer mellor posto clasificatorio.

Galgos de luxo na saída, tanto nos homes como nas mulleres. Gañarían a proba masculina Alejandro Fernández e na feminina Yolanda Gutiérrez.
Foto grazas a Rakel
Os nosos tiveron papeis dispares, pero todos quedaron contentos coa súa carreira. Puri quedaría ao borde do podio na categoría, pero tivo moito mérito ter sido a 14ª mulles dun total de 259 que remataron. Nacho facendo fondo e Moncho, habitual na cita coruñesa, cunha importante melloría con respecto ao ano pasado. Carlos e Óscar, a rachar o crono, pero entre as dificultades na saída (cos “vehículos lentos”) e o efecto do calor fixeron que non obtivesen marcas persoais. Aínda así foron moi boas! Un servidor (M. Pirri), contaxiado por un individuo próximo da contorna familiar, a piques estivo de non ser da partida por trancazo monumental (Presi, prepárate que pasarei pola Farmacia), pero a ausencia de febre foi suficiente motivo para ir rebentar o corpo a Coruña a pesar de non respirar un carallo polo nariz e estar por dito motivo xa en pé dende as 4:30 h. da mañá. No obstante non me podo queixar co resultado, pero xa veremos como repercute na semana que entra.

Foto grazas a Rakel
Boa organización, que día a día se está a superar, aínda que, xa que dispón de caixóns por tempos, era bo que os tivese algo controlados. Na chegada, pan de chocolate e de noces, Powerade, auga, plátanos e mazás, servizo de fisioterapia... sen esquecer a camiseta técnica (había talla!!!) que nos deron ao inicio. En definitiva, moi ben!!!

Cervexas de rigor e de volta para Santiago ven acalorados (estamos en outubro??).

PRÓXIMA CITA: A ÚLTIMA PROBA DO CORRESAN, na Cidade da Cultura (adultos), rematando no Estadio de San Lázaro, o domingo 14 de outubro. No meso estadio terán lugar as probas escolares e a entrega de premios do circuíto, onde teremos moitos candidatos aos podios das diferentes categorías. Por todo elo, TEMOS QUE SER OS MÁXIMOS POSIBLES DO NOITEBRA F.C. para este fin de festa do CorreSan.

Percorrido e perfil
Percorrido

Perfil


Clasificacións
Oficial (Championchip)

Os nosos
Fotos

Patrocinadores

Arquivo