martes, 9 de outubro de 2012

Atletismo: XXX Carreira Pedestre da Amaia, Brión

A continuación crónica da carreira de Brión por xentileza de Fran:
Novo domingo de competición para unha "pequena" representación (digo pequena porque cada dia deixámonos ver máis) do Noitebra na XXX Carreira Pedestre de Amaia en Brión

Foto de grupo grazas a Alpalo

O grupo estaría formado por Moises, Jose Manuel, Pepe, Abel, Víctor, Fran e o case noitebro Fleky. 


Foto grazas a Xandra
Maña festiva e con grande ambiente e a pesares do día cuberto dicir que facía bastante calor, incluso bochorno; a saída da proba tería lugar as 11:00 da maña e puntualmente dende a carballeira de Santa Minia (polbeiras e rosquilleiras incluídas) para afrontar un perfil que, para os que non o coñeciamos, tachaban de duro, e así foi, e iso que o percorrido sufriu unha modificación de ultima hora, quitando o muro do 1º km. Pero substituíndoo por un par de ramplas que non lle tiñan nada que envexar.

Foto grazas a Xandra
Esta modificación fixo que a distancia variase dos 7,6 km. previstos a os escasamente 7 que nos marcaron os GPS. Como digo, saída dura, pero a fogo, para despois do km. 2 de case continua subida, encadear 3 de baixada, pero xa sen moita marxe para a recuperación, rematando con outros dous de costa arriba e coas pernas xa tocadas.

Foto grazas a Xandra
A proba seria gañada en homes por Rafael Fuentes e en mulleres por Águeda Blanco, e os resultados dos nosos, por orde de entrada en meta, foron os seguintes: 1º, como non, Jose Manuel, que ademais dunha gran carreira acadaría a 3ª premiación da súa categoría; por detrás entraría Fleky, que foi de menos a máis, e cando nos pasou case nos arranca os adhesivos; a continuación entrariamos Pepe máis eu nun "reñido" sprint final (teño que dicir que esta foi a carreira nº 100 no meu palmares persoal polo que foi especial); logo entraría Víctor (a ver si se pica e se deixa ver máis polo estadio); e pouco detrás del Abel, facendo tamén a carreira de menos a máis (foron os máis intelixentes).

Foto grazas a Xandra

Xa para rematar chegaría Moisés, pero probablemente sexa o que máis mérito ten, xa que na súa categoría tivo que completar a carreira absoluta e fixo unha gran marca dada a dureza da proba.




Foto grazas a Xandra
Á chegada, como sempre, bebidas e camiseta de agasallo, ducha, e xa coas pernas frías, a cabeza quente a pensar en próximas citas (estes próximos meses non dan tregua). Felicitar á organización, que estivo perfecta en todo momento, e agardemos que nos regalen a lo menos outras 30 edicións máis e que nos o vexamos...

 
Jeanette tamén sería da partida en Brión. Foto grazas a Xandra

Clasificacións

Os nosos

Fotos

Patrocinadores

Arquivo